Maker Faire, a feira que pón en valor os oficios tradicionais
Maker Faire, a feira que pón en valor os oficios tradicionais
A Casa das Máquinas de Santiago acolleu unha xornada de charlas, mesas redondas e obradoiros para conectar os oficios tradicionais coas novas xeracións
Artesáns de moitos oficios diferentes compartiron cos mozos na Casa das Máquinas de Santiago os segredos dos seus traballos. Foi na décima edición da Maker Faire, a feira dos oficios tradicionais.
Dirixida a mozos, nenos e público en xeral durante toda a xornada houbo charlas nas que participaron expertos do sector e houbo obradoiros interactivos onde os asistentes puideron experimentar de primeira man o traballo artesanal.
O obxectivo é conectalos, con exemplos de éxito coas novas xeracións. E fano tamén desde a inclusión. Para que todos aprendan, coñezan os oficios antigos, e comproben que son parte do presente. Porque, aseguran desde a organización, "eles son o futuro", os herdeiros e responsables, desde a modernidade e creatividade, das nosas tradicións.