Publicador de contidos

Publicador de contidos

Paixón pola ciencia e o pensamento crítico na feira Imaxina Coruña

Paixón pola ciencia e o pensamento crítico na feira Imaxina Coruña

Oito centros educativos presentaron os seus proxectos na Domus

"Auga limpa, futuro sostible" foi o lema desta edición

G24.gal 26/04/2025 13:57 Última actualización 26/04/2025 18:27

Imaxina Coruña é unha feira pensada para espertar vocacións científicas e tecnolóxicas entre a rapazada. Durante as últimas semanas, medio cento de estudantes traballaron en proxectos innovadores relacionados co medio ambiente e a sostibilidade. Este sábado presentáronos na Domus.

"Auga limpa, futuro sostible" foi o lema que inspirou as catorce propostas finalistas, seleccionadas por un xurado especializado. Todas comparten unha perspectiva innovadora e comprometida co coidado ambiental.

Imaxina Coruña está organizada polo Concello a través dos Museos Científicos Coruñeses e a empresa Ceo Aberto. Pretende impulsar o pensamento crítico, a igualdade de oportunidades e a creatividade.

A través deste programa, búscase tamén recoñecer e reforzar o papel do profesorado na formación das novas xeracións.

O certame outorgou varios premios, entre os que destaca unha viaxe á feira científica Zientzia Azoka, en Bilbao, para os equipos gañadores. Ademais, cada grupo premiado recibiu un cheque regalo de 500 euros destinado á adquisición de material científico e tecnolóxico.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar