Publicador de contidos

Publicador de contidos

A chuvia desloce a feira medieval de Monforte de Lemos

A chuvia desloce a feira medieval de Monforte de Lemos

Houbo que suspender a xusta, pero a animación na rúa mantívose, iso si, pasada por auga 

Ademais de postos de artesanía e oficios antigos, tamén destaca a ambientación musical

G24.gal 19/04/2025 21:37 Última actualización 19/04/2025 21:48

Os paraugas son imprescindibles en Monforte de Lemos para gozar da feira medieval. Coméntao un dos membros da organización, Patricia Pérez.

"É unha pena todo o esforzo e o traballo que a xente pon e que logo chova así".

Tamén di que houbo que suspender a xusta e as demostracións de cetrería. Ao que non houbo que renunciar foi á artesanía e á animación na rúa.

Na praza de España, ensinan armas e oficios da época. Tamén hai postos de coiro, animación musical e xogos, que se viron afectados pola chuvia. Con todo, Monforte segue celebrando o seu pasado medieval.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade