Publicador de contidos

Publicador de contidos

Concursos, exhibicións e rutas ecuestres na Feira do Cabalo de Lalín

Concursos, exhibicións e rutas ecuestres na Feira do Cabalo de Lalín

Os Cabaleiros de Lalín buscan manter a tradición ecuestre da comarca con este evento

O espectáculo de doma en liberdade do cordobés Paco Martos sorprendeu os asistentes do domingo

G24.gal 13/04/2025 20:30

Lalín celebrou a Feira do Cabalo, con concursos de andadura, trote e morfoloxía de distintas razas cabalares. O xurado elixiu o mellor exemplar da feira, unha egua de pura raza española.

A gran gañadora deste domingo na feira cabalar de Lalín foi unha poldra de Teo. Para ela foi o premio de 250 euros como o mellor exemplar e outros 150 por gañar entre as da súa raza. Amosouse tranquila diante do xurado como o fai a diario con quen a coida.

"Viñemos este ano a Lalín e tivemos a fortuna de gañar o premio ao mellor exemplar do concurso. Estamos moi contentos porque é unha podra da tres anos e competiu coas eguas. Xa vedes que é moi nobre, están os nenos seguido con elas e foi recoñecida pola cara, o volume e os movementos que ten. Había moita competencia de grandes animais", asegura Marcos Cajaraville, o dono da mellor exemplar da feira.

A feira está organizada polos Cabaleiros de Lalín para manter a tradición ecuestre da comarca. Os asistentes tiveron ocasión de coñecer este domingo o espectáculo de doma en liberdade de Paco Martos. 

"Somos agora uns 170 socios e a zona do Deza é moi afeccionada ao mundo do cabalo. Isto está cheo de xente para ver o espectáculo ecuestre de Paco Martos, que trae catorce cabalos, dous ponis e dous burros" explicou Javier Cuíña, presidente dos Cabaleiros de Lalín.

O domador cordobés sorprendeu o público coa súa habilidade para interactuar cos animais con complicidade, respecto e moito entendemento. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade