Cargando resultados...
A neve callou no Cebreiro para sorpresa de turistas e peregrinos
Un manto branco cubriu a montaña de Lugo en pleno mes de abril
G24.gal
16/04/2025 14:44
Postal de Nadal en pleno mes de abril. A neve do cuco viste de branco a montaña de Lugo. Se a alguén colleu por sorpresa esta neve primaveral foi aos peregrinos, sobre todo aos chegados de máis lonxe.
A neve fixo manto nas cotas máis elevadas, pero non causou incidencias destacadas. Iso si, máis dun tivo que mercar abrigo extra porque non a agardaba, sobre todo tendo en conta a calor da pasada semana.
Unha neve tardía que mañá se transformará en choiva, un fenómeno algo menos celebrado polos camiñantes que esta Semana Santa peregrinan por Galicia.