Publicador de contidos

Publicador de contidos

Primeira fin de semana de primavera pero co frío e a neve propias do inverno

Primeira fin de semana de primavera pero co frío e a neve propias do inverno

Nas montañas de Lugo e de Ourense a cota de neve comezaba nos 800 metros, pero foi subindo ata chegar aos 1.100 metros

Moitos aproveitaron este domingo para gozar da neve

A situación meteorolóxica mellora a partir deste luns

G24.gal 23/03/2025 21:02 Última actualización 23/03/2025 21:17

Primeira fin de semana de primavera pero co frío e a neve propias aínda do inverno. Nas montañas de Lugo e de Ourense a cota de neve estivo situada nos 800 e 900 metros pola mañá e subiu ata os 1.000-1.100 metros a partir da tardiña. Moitos aproveitaron a xornada para gozar da neve. 

"Vimos gozar da neve, houbo unha nevarada fermosísima esta noite e estamos encantados de estar aquí", "ultimamente vén tarde a neve, xa o ano pasado chegou bastante tarde" din algúns dos visitantes en Manzaneda e en Pedrafita do Cebreiro.

Na montaña de Ourense e na de Lugo notouse e moito a friaxe. Houbo acumulacións de neve superiores aos 5 cm por riba dos 1.000 metros e houbo aviso amarelo ata o mediodía.

En Manzaneda tiveron, xa a finais de marzo, 14 pistas abertas, algo máis de once quilómetros esquiables. A sensación de friaxe intensificouse polo vento do noroeste.

"Vin probar cuns amigos esquiar por primeira vez e está moi ben, a verdade. Caín máis ca esquiar, pero ben", engadía outro.

A situación meteorolóxica mellora a partir do luns. As temperaturas mínimas iranse recuperando. En Pedrafita do Cebreiro continuará o tempo o fresco pero recuperarán valores positivos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade