Publicador de contidos

Publicador de contidos

Aviso amarelo por temporal na costa e por neve nas montañas de Lugo e Ourense

Aviso amarelo por temporal na costa e por neve nas montañas de Lugo e Ourense

A borrasca Martinho remite pero aínda deixa inestabilidade no litoral galego

As acumulacións de neve nas zonas montañosas poden superar os cinco centímetros

As ondas poden superar os cinco metros. EUROPA PRESS/Elena Fernández As ondas poden superar os cinco metros. EUROPA PRESS/Elena Fernández
G24.gal 23/03/2025 08:13 Última actualización 23/03/2025 20:30

A borrasca Martinho remite pero aínda deixa inestabilidade no litoral galego. De feito, Meteogalicia activa este domingo o aviso amarelo en toda a costa por ondas que aínda poden superar os cinco metros. 

A xunta mantén informados da situación os municipios afectados, as deputacións, Protección Civil e os clubs náuticos. Do mesmo xeito, a Secretaría Xeral suspende toda a actividade deportiva federada no mar na Mariña e no noroeste da Coruña.

Ademais, alerta de acumulacións de neve superiores aos 5 centímetros nas montañas de Ourense e Lugo. Tamén neste caso, o aviso é amarelo.  A cota, situada nos 800-900 metros pola mañá, irá subindo ata os 1.000 metros pola tarde.

Respecto ás temperaturas, non se producen cambios significativos, con lixeiros descensos das mínimas na metade sur de Galicia. O vento soprará moderado do noroeste con intervalos fortes en mar aberto entre Estaca de Bares e a Mariña Oriental.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade