Publicador de contidos

Publicador de contidos

Cae a ponte romana de Talavera e súmase aos estragos provocados pola borrasca Martinho

Cae a ponte romana de Talavera e súmase aos estragos provocados pola borrasca Martinho

Feijóo desprázase a Talavera e reclama un plan nacional para a xestión da auga

Sánchez solidarizase con Talaverá e dilles aos veciños que conten co Goberno para a reconstrucción

O temporal desprazouse cara o norte da península deixando nove comunidades con avisos de alerta

Mellora a situación en Madrid, Ávila e Toledo pero sigue a vixilancia extrema nos ríos

G24.gal 23/03/2025 09:47 Última actualización 23/03/2025 22:53

O paso da borrasca Martinho está causando estragos en toda a península, anegando vivendas, estradas e cultivos,  e mesmo está vencendo séculos de historia. Este último é o caso da ponte romana de Talavera de la Reina, en Toledo, símbolo ata agora da cidade.

A enchente do río Texo provocou o derrubamento de dous treitos da ponte vella, a ponte romana. O Texo alcanzou un caudal de 1.400 metros cúbicos por segundo, ao seu paso por Talavera.

Estas eran as palabras do alcalde de Talavera pasadas a unha da mañá na súa conta da rede social X:

"Esta noite é un día terrible para a historia de Talavera. A nosa ponte vella ou romana acaba de derrubarse en parte. Unha avenida de auga terrible para a cidade. Grazas que pechamos para o paso cidadán. Hoxe o meu corazón como alcalde sofre por esta perda patrimonial".

Deseguido publicaba un vídeo do momento en que comezaba a derrubarse.

A ponte vella ten as súas orixes nunha estrutura anterior á época romana. Esta obra foi parcialmente aproveitada como cimentación das primeiras pías da marxe setentrional.

Page garante a colaboración da Xunta de Castela-A Mancha

O presidente de Castela-A Mancha, Emiliano García-Page, dixo este domingo que garante a colaboración da Xunta de Comunidades nos labores de reconstrución da ponte romana de Talavera de la Reina.

"Obviamente, entre todas as Administracións arrimaremos o ombreiro, como xa fixemos no pasado para devolvela ao seu sitio, restaurala e que volva ser de uso polo menos peonil", afirmou o presidente tras participar na reunión do CECOP.

Page resaltou que Talavera perdeu un valor "simbólico", pero celebrou que a ponte estaba pechada e "non temos que lamentar vidas persoais".

Feijóo visita Talavera e reclama un plan nacional de xestión da auga

O presidente do PP, Alberto Núñez Feijóo, reclamou este domingo un plan nacional da auga que analice, de maneira técnica, as infraestructuras necesarias para facer fronte aos episodios de precipitacións intensas. Feijóo amosou a súa solidariedade  con todas as persoas afectadas e mostrouse convencido de ue "simbolo da cidade" será reconstruído e blindado ante futuras riadas co apoio de todas as administracións.  E así o facía público na súa conta da rede social X.

Pedro Sánchez  solidarizase coa cidadanía de Talavera e dilles que conten co Goberno para a reconstrucción da ponte Romana

O presidente do Goberno, a través da súa conta na rede social X, mostrou a súa solidariedade con Talavera, trala rotura da ponte romana. Dí que o patrimonio é de todos e que contén co Goberno para a súa reconstrucción.

Xa na tarde do domingo, os Ministerios de Cultura e Transición Ecolóxica informaron que participarán na restauración da histórica Ponte Vella de Talavera.

O ministro de Transición Ecolóxica, Hugo Morán, tamén lle respostou a Feijóo decíndolle que o plan da auga que pediu xa existe desde o ano 2022.

 

O temporal de chuvias estabilízase en Castela-A Mancha

Os efectos das inundacións na comunidade manteñen un cento de vivendas desaloxadas, a maioría na zona de Gradua (Toledo), segundo informou o conselleiro de Facenda, Juan Alfonso Ruiz Molina, tras a reunión do Centro de Coordinación Operativa (CECOP) que vixía a emerxencia polas enchentes.

Ademais, informou de que non se espera que a auga chegue finalmente ao hospital nacional de parapléxicos, ribeirego ao Texo e onde a Unidade Militar de Emerxencias (UME) traballa desde o xoves en colocar barreiras para evitar unha posible inundación do edificio.

No río Genal en Pujerra, Málaga, volveron á busca do motorista de 61 anos desaparecido o mércores pasado, na mañá deste domingo.

En Segovia, a neve caída nas ultimas horas está a causar decenas de incidencias nas estradas.

En Valladolid, a Xunta de Castela e León declarou o nivel 2 de risco por inundacións. 

A Confederación Hidrografica do Douro mantén aviso vermello en Adaja, en Valdestillas (Valladolid) eH Eresma Segovia. 

 

Imaxe do río alberche en Toledo. Foto: EFE/ Manu Reino Imaxe do río alberche en Toledo. Foto: EFE/ Manu Reino

Máis de 40 estradas afectadas pola neve e máis de 30 por anegamentos

Más dunha trintena de estradas da rede secundaria, sobre todo de Andalucía e a Comunidade Valenciana seguen cortadas polas inundacións provocadas pola choiva, todas elas da rede secundaria, en tanto que por neve están afectadas máis de 40 vías, só tres delas autovías, aínda que se pode circular.

Respecto ás autovías, segundo os datos actualizados da Dirección Xeral de Tráfico (DXT), son transitables pero con precaución un tramo da A-50 en Ávila en ambos os sentidos; a A-66 en Nava de Béjar e en Vallejera de Riofrío, ambos os tramos na provincia de Salamanca, e a A-1 en Buitrago de Lozoya (Madrid).

Nas estradas secundarias, a neve mantén cortadas catro vías en Andalucía, entre elas a de Serra Nevada (Selecta) e o porto da Ragua.

En Asturias é transitable pero con precaución a N-60 en Lena, en tanto que en Castela e León son 19 as estradas afectadas e algunhas están cortadas totalmente ao tráfico, como en La Hoya e Candelario (Salamanca), aínda que se pode circular con precaución na maioría delas.

En seis estradas de Cataluña tampouco é recomendable circular por mor da neve e é obrigatorio o uso de cadeas ou de pneumáticos de inverno en tramos da N-260 ou da C-38.

Anegamento da estrada CM-10 en Guadalaxara. Foto: EFE/Pepe Zamora Anegamento da estrada CM-10 en Guadalaxara. Foto: EFE/Pepe Zamora

Previsión da evolución da borrasca Martinho

A borrasca Martinho segue o seu camiño cara a Francia, pero nas súas últimas rabexadas continúa deixando numerosas incidencias por toda a península. Hai nove comunidades con avisos de alerta por mal tempo, catro delas con nivel laranxa como en Galicia, Cantabria, Asturias e País Vasco. Para hoxe están previstas fortes nevaradas no norte peninsular e ventos de ata 70 quilómetros por hora no litoral cantábrico.

Ademais, as intensas choivas  están provocando enchentes nos ríos como o Texo, que esta madrugada acabou levando por diante a ponte romana de Talavera da Reina, en Toledo.

Non se produciron danos persoais porque a ponte estaba pechada pero deixou un sentimento de conmoción entre a veciñanza. 

O río Texo tamén deixou un cento de vivendas desaloxadas na zona de Escalona, na propia cidade de Toledo.

Na comunidade de Madrid, aínda que a situación mellora, continúa a recomendación de alonxarse dos ríos despois dos asolagamentos en localidades coma Aranxuez ou Paracuellos do Jarama.

As intensas nevaradas de onte, deixaron corenta estradas secundarias afectadas especialmente en Castela e León e en Andalucía. Por outra banda, a Garda Civil puido recuperar os corpos dos tres montañeiros que perderon a vida onte no Parque Natural do Moncaio, na provincia de Zaragoza en medio dunhas complicadas condicións meteorolóxicas.

Martinho retirase esta fin de semana e, en Galicia, espérase que a partir de mañá comece a notarse a influencia anticiclónica.

Previsión para o luns

Mellora a situación en Madrid, Ávia e Toledo pero sigue a vixilancia extrema nos ríos.

Este luns irase estabilizando  a atmósfera lentamente na península, pero os efectos da borrasca martinho seguiránse notando. Protección Civil recomenda que se manteña a precaución tanto por neve como por chuvia intensa, ao longo deste luns.

 A demarcacion do Texo aínda manten 25 presas en aviso vermello e está vertendo auga en 19 deles.

Destas 25 presas son 8 de Guadalaxara, 8 de Madrid, 6 de Toledo e 3 de Cáceres.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade