Falece un operario de 46 anos dunha empresa de Narón tras sufrir un accidente laboral
Morreu como consecuencia das feridas sufridas o pasado 12 de marzo nun accidente laboral ocorrido na empresa situada no polígono industrial de Río do Pozo, en Narón

Un operario de 46 anos faleceu no Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (CHUAC) como consecuencia das feridas sufridas o pasado 12 de marzo nun accidente laboral ocorrido nunha empresa situada no polígono industrial de Río do Pozo, en Narón (A Coruña).
O traballador pertencía a unha compañía que realiza traballos de gas, naval, equipos de presión, calefacción, renovables, fontanería e climatización e estaba a manipular dúas botellas de CO2 que caeron ao chan e impactaron contra a cabeza de operario.
Na compañía hai comité de empresa formado por dous delegados de CIG, outros tantos de CCOO e un d UXT, pero a empresa en ningún momento comunicou aos representantes dos traballadores nada do ocorrido.