Publicador de contidos

Publicador de contidos

Na Coruña elixiron un vermú con viño de Betanzos como o mellor vermú de entre cen locais da cidade

Na Coruña elixiron un vermú con viño de Betanzos como o mellor vermú de entre cen locais da cidade

Cada ano bébense, en España, trinta millóns de litros de vermú

Volve o vermú a ser plan de amigos e familiares, ao mediodía e tamén antes da cea

Cada ano bébense en España uns trinta millóns de litros de vermú
G24.gal 27/03/2025 20:42 Última actualización 27/03/2025 20:57

Quedar para tomar un vermú é unha cita que se está a popularizar e repetir cada vez máis. O viño aromático tivo un tempo de pouca popularidade, pero, desde hai un tempo, os reloxos da hostalería volven marcar a hora do vermú. 

Cada ano, bébense en España uns trinta millóns de litros de vermú. Ese viño aromático, que ofrece un equilibrio entre doce, amargo e ácido, que se popularizou no século XIX, está vivindo unha segunda mocidade, pero cal é o segredo para elixir o mellor vermú? Debe ser auténtico e coas especias máis características desta bebida que chaman o máis irreverente dos viños.

Quedar para tomar un vermú, ou outra cousa, ou non, pero, cal é a mellor hora para tomar o vermú? O vermú tómase a calquera hora.

Aumenta o consumo durante o mediodía e antes da cea. Os profesionais da hostalería concordan en que os clientes cada vez buscan máis plans de tarde e foxen de horarios de noite. O vermú encaixa á perfección.

Na Coruña, elixiron o mellor vermú de entre cen establecementos. O premio foi para a proposta de Dani Patiño, que ten 21 anos.

A súa composición é unha combinación de vermú italiano e viño de Betanzos. O vermú volve ser protagonista e volve, se é que algunha vez marchou, a vivir o que podería ser o seu momento máis doce.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos