Cargando resultados...
O ouro do pobo africano dos Akan recala na Coruña
A mostra inclúe máis de 300 pezas que van dende a xoiería ata os obxectos de culto
Permanecerá aberta na Fundación Barrié ata o 13 de xullo de 2025
Na Fundación Barrié teñen 300 pezas de ouro e de veneración
G24.gal
29/03/2025 13:30
Última actualización 28/03/2025 18:03
Moitos dos tesouros do pobo africano dos Akan están reunidos nunha colección privada que só saiu de Austria en dúas ocasións. A primeira, para ir a Baviera; a segunda, para recalar agora en Galicia.
Teñen vostedes ata o mes de xullo para contemplar na Coruña, na Fundación Barrié, 300 pezas de ouro e de veneración.