Publicador de contidos

Publicador de contidos

Condenado un hostaleiro a 23 anos e medio de prisión por agredir sexualmente dúas empregadas

Condenado un hostaleiro a 23 anos e medio de prisión por agredir sexualmente dúas empregadas

Terá que pagar ás vítimas unha indemnización cuxa cantidade total ascende a 47.246 euros

Sala de vistas da Audiencia Provincial en Santiago/Foto de arquivo/Europa Press Sala de vistas da Audiencia Provincial en Santiago/Foto de arquivo/Europa Press
G24.gal 28/03/2025 17:46

A sección sexta da Audiencia Provincial da Coruña condenou a 23 anos e medio de prisión o dono de varios locais de restauración na comarca do Sar por cometer dous delitos continuados de agresión sexual sobre dúas das súas empregadas durante varios anos valéndose da súa “posición de superioridade”.

Segundo indica a sentenza divulgada polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), a sala imponlle o pago dunha indemnización ás vítimas cuxa cantidade total ascende a 47.246 euros.

Os feitos probados relatan que o acusado aproveitaba os momentos a soas con cada unha das denunciantes, co pretexto do traballo, para agredilas sexualmente, situacións nas que as dúas vítimas se negaban, tentando apartarse del en todo momento.

A sala tamén indica que o procesado facía uso da súa "posición de superioridade" como xefe, xa que de non acceder estas ás súas pretensións, afectaría negativamente aos seus traballos, "cuxo mantemento era de particular importancia para elas" debido a que ambas tiñan circunstancias familiares que lles facía necesitar o emprego e das que o condenado era “coñecedor”.

Para a condena, o tribunal apoiouse principalmente nas declaracións de ambas as vítimas, que considerou "sinceras e cribles".

Ademais, os informes constataron que as denunciantes sufriron "un cadro sintomático catalogable como estrés postraumático que todos os peritos estimaron coherente cos feitos axuizados".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade