Publicador de contidos

Publicador de contidos

O salón nupcial WeddingPack Solidario reúne medio cento de profesionais do sector

O salón nupcial WeddingPack Solidario reúne medio cento de profesionais do sector

Os beneficios do evento destinaranse ao proxecto Arte e Saúde da asociación Asotrame

G24.gal 30/03/2025 21:58

No convento de santo Agostiño de Pontedeume soaron campás de voda, as do WeddingPack "Cásate no Camiño", un salón nupcial que foi punto de encontro para medio cento de profesionais do sector, un espazo no que crear sinerxias e conectar con parellas que pensan nun futuro enlace.

"É importante que teñan unha persoa que saiba orientalos, que coñeza as últimas novidades e que os leve da man para que teñan a voda dos seus soños", conta Esther Rey, especializada na organización de eventos.

Participaron máis de corenta firmas de moda e complementos, fotografía, decoración... todo o necesario para organizar unha voda á medida. Pero a razón de ser deste evento é máis social ca comercial. Organizado pola Fundacón I'Tics, WeddingPack Solidario busca facilitar experiencias diversas, inclusivas e accesibles.

"O obxectivo é transformar vidas, transformar o mundo das vodas para que sexa un sector máis solidario. Queremos que todo o mundo poida celebrar", afirma Rosa Echevarría, presidenta da Fundación I'Tics.

A cita incluíu mesas redondas, degustacións e desfiles. O beneficio íntregro do salón destinarase a impulsar o proxecto Arte e Saúde da asociación Asotrame, que mira pola saúde mental dos pacientes oncohematolóxicos transplantados de medula ósea.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade