Publicador de contidos

Publicador de contidos

A terceira edición do Torneo do Ano volverá a recadar fondos para a Asociación Contra o Cancro

A terceira edición do Torneo do Ano volverá a recadar fondos para a Asociación Contra o Cancro

Terá lugar no campo municipal Manolo Barreiro de Pontevedra o mércores 16 de abril

Os organizadores esperan superar os mil euros recadados en cada unha das edicións anteriores

G24.gal 30/03/2025 14:20

Uns rapaces de Pontevedra están detrás do Torneo do Ano, unha cita máis solidaria que competitiva. Será o 16 de abril, véspera de Xoves Santo, no campo de fútbol municipal Manolo Barreiro.

"Creo que o que nos move a todos é a loita contra unha enfermidade como é o cancro e axudar a toda a xente que está pasando por ela para poder afrontala e continuar", di Gabriel Fontenla.

Están inscritos 16 equipos. Os promotores agardan que os futbolistas e os creadores de contido que xa lles confirmaron a súa participación contribúan a que esta terceira edición sexa multitudinaria. 

"No día do evento esperamos unha recadación grande coa venda de camisetas, chaveiros e pulseiras. Que a xente colabore difundindo toda a causa. Coas doazóns dos xogadores vaise recadar 500 €, máis o que se recade vía Bizum ou presencialmente no Manolo Barreiro", di Javi Domínguez, promotor e organizador do evento.

Contan con superar os mil euros recollidos en cada unha das edicións anteriores.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar