Publicador de contidos

Publicador de contidos

Villablino e Bembibre, no Bierzo, despiden os seus veciños falecidos na mina de Cerredo

Villablino e Bembibre, no Bierzo, despiden os seus veciños falecidos na mina de Cerredo

No interior da mina continúa a investigación para determinar as causas da explosión

G24.gal 01/04/2025 14:17

Bandeiras a media hasta e todos os actos oficiais suspendidos no Principado de Asturias e Castela e León. Así transcorre a primeira xornada de loito oficial decretada nestas dúas comunidades polo accidente da mina asturiana de Zarréu en que morreron cinco mineiros e outros catro quedaron feridos.

Pasado o mediodía abríase a capela ardente cos cadaleitos de catro dos mineiros falecidos no pavillón do concello berciano de Villablino, de onde eran veciños. “E isto é a vida de todos os días. Sufrimento nada máis, a mina”. “Aquí non hai moita saída laboral. Aféctame tamén moito que non tivese oportunidade de elixir outro traballo máis ca estar na mina”.

A quinta vítima mortal será velada no tanatorio de Bembibre, tamén no Bierzo. Paralelamente, no interior da mina de Zarréu continúa a investigación para determinar as causas da explosión.

A principal hipótese é unha bolsa de grisú, un gas composto principalmente de metano e que é altamente inflamable. A outra incógnita que deberá despexar a investigación é se os traballos que se realizaban na mina se axustaban á licenza concedida.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade