Publicador de contidos

Publicador de contidos

Luz verde á investigación xeolóxica de Iberdrola para unha megacentral hidroeléctrica en Ourense

Luz verde á investigación xeolóxica de Iberdrola para unha megacentral hidroeléctrica en Ourense

O informe de impacto ambiental da Xunta conclúe que "non son previsibles efectos adversos significativos sobre o medio ambiente"

O prazo estimado de execución do proxecto é de 21 meses para a apertura da galería de acceso e de tres meses para as investigacións xeolóxicas

 

O ámbito xeográfico do proxecto é o nordeste do concello de Vilariño de Conso, Ourense O ámbito xeográfico do proxecto é o nordeste do concello de Vilariño de Conso, Ourense
G24.gal 01/04/2025 17:12

O informe de impacto ambiental da Xunta para ampliar o coñecemento do macizo onde se situará o complexo subterráneo da central de aproveitamento hidroeléctrico Conso II de Iberdrola conclúe que "non son previsibles efectos adversos significativos sobre o medio ambiente".

Non ve "previsibles" os referidos "efectos adversos significativos sobre o medio ambiente", aínda que se emite "sen prexuízo da obrigación do promotor de obter todas as autorizacións, licenzas, permisos ou informes que resulten legalmente esixibles".

O promotor é a sociedade Iberdrola Xeración, SAU e o órgano substantivo o Concello de Vilariño de Conso, na provincia de Ourense.

O proxecto consiste na execución dunha galería de investigación xeolóxica coa finalidade de ampliar o coñecemento xeolóxico e xeotécnico do macizo onde se situará o complexo subterráneo da central de aproveitamento hidroeléctrico Conso II, un megaproxecto de aproveitamento hidroeléctrico que non require de novos encoros.

En concreto, o ámbito xeográfico do proxecto é o nordeste do concello de Vilariño de Conso (Ourense), preto da cola do encoro do Vao.

Contempla executar un emboquillado de entrada e un acceso que permita a construción dunha galería de acceso, de 1.500 metros de lonxitude en planta, a unha galería de investigación, de 200 metros de lonxitude aproximada, que atravese lonxitudinalmente a totalidade do que se prevé que conformará a calota central.

As terras excedentarias depositaranse nun vertedoiro. As actuacións previstas en superficie son a vía de acceso, o emboquillado e o vertedoiro.

O prazo estimado de execución do proxecto é de 21 meses para a apertura da galería de acceso e de tres meses para as investigacións xeolóxicas.

Movemento de terras 

O proxecto xerará un gran volume de movemento de terras que serán depositadas na entulleira de Sabuguido, xa existente e que, segundo a documentación que achegou Iberdrola, será rehabilitada mediante restauración ambiental e integración paisaxística.

O movemento realizarase pola vía principal do núcleo de Vilariño de Conso, polo que "se deberán prever medidas oportunas para evitar danos e interferencias no tráfico cotián".

As instalacións soterradas "poden afectar as augas subterráneas", advirte o documento, polo que ve "necesario identificar con máis detalle os posibles impactos no réxime das augas subterráneas e superficiais.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade