Publicador de contidos

Publicador de contidos

Investigado un veciño de Ourense por enviar paquetes con ameazas a unha xestoría de Xinzo

Investigado un veciño de Ourense por enviar paquetes con ameazas a unha xestoría de Xinzo

A empresa recibiu cinco envíos de paquetería "con temática ameazante cara ao responsable e unha das traballadoras da empresa"

Obxectos que o investigado enviaba por correo Obxectos que o investigado enviaba por correo
G24.gal 27/03/2025 17:14

O equipo Roca da Garda Civil de Celanova tomou declaración a un home de 51 anos, en calidade de investigado, como presunto autor dun delito de ameazas por correspondencia a unha xestoría de Xinzo.

Segundo informou o instituto armado, a investigación bautizada como Express Ou iniciouse por mor da denuncia presentada no cuartel da Garda Civil de Xinzo de Limia por parte dunha empresa dedicada a servizos de xestoría administrativa e asesoría fiscal desta localidade.

A empresa relatou que durante o mes de febreiro recibiu cinco envíos de paquetería "con temática ameazante cara ao responsable e unha das traballadoras da citada empresa. Ditos paquetes carecían de remitente".

O home está investigado como presunto autor dun delito de ameazas por correspondencia. Os axentes determinaron que "todos" os envíos foron tramitados desde unha oficina de correos que pertence á localidade ourensá da Valenzá, no concello de Barbadás.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade