Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Comandancia de Pontevedra organiza a exhibición dun operativo antiterrorista

A Comandancia de Pontevedra organiza a exhibición dun operativo antiterrorista

No marco da III Feira Internacional de Seguridade, Defensa e Emerxencias

G24.gal 28/03/2025 14:28

A intervención coordinada de distintos grupos da Garda Civil para deter o suposto autor dun atentado en terrorista converteuse este venres á mañá nunha espectacular exhibición en Silleda.

O que se simulou foi un intento de agresión a unha autoridade pública, ao que atacan cando se achega saudar a xente. Esa acción dá lugar a unha despregadura simultánea dos equipos e destacamentos que forman parte da seguridade visible, pero tamén dos que vixían o acto público sen que nos deamos conta. 

Os elementos de reserva, en voo e por terra, acceden á zona inmediatamente. Os drons localizan o agresor e dun helicóptero salta un can que o inmobiliza en cuestión de segundos.

"Para que a cidadanía poida entender que aínda que levemos uniformes de diferentes tonalidades, nun momento necesidade temos a plena capacidade de traballar todos coordinadamente baixo un mando único", declarou Álvaro Fermández, tenente coronel da Garda Civil de Pontevedra.

A exhibición rematou co robot Mihura, que recolle a mochila sospeitosa e a leva para detonar os explosivos nunha zona segura.

O simulacro serve de colofón a unha feira de seguridade, defensa e emerxencias que remata hoxe e que reuniu estes días en Silleda case 400 marcas, e á que acudiron responsables de Seguridade e Emerxencias de tres comunidades autónomas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade