Publicador de contidos

Publicador de contidos

Tres mortos, entre eles un bebé e un neno, ao envorcar un turismo en Astudillo (Palencia)

Tres mortos, entre eles un bebé e un neno, ao envorcar un turismo en Astudillo (Palencia)

As vítimas pertencen á mesma familia: morreron a nai e dous dos seus fillos e quedaron feridos o pai e outro dos fillos, de 13 anos

G24.gal 31/03/2025 08:18

Tres persoas morreron, entre elas unha bebé de 7 meses e un neno de 5 anos, e outras dúas quedaron feridas despois de envorcar, este domingo pola tarde, o vehículo no que viaxaban no termo municipal de Astudillo (Palencia), informou o servizo de emerxencias de Castela e León.

O persoal sanitario que acudiu ao lugar confirmou o falecemento dos dous nenos e dunha muller 38 anos e atendeu e trasladou dous feridos, un home de 41 anos e un neno de 13 anos, en UVI móbiles ao Complexo Asistencial de Burgos, detallou o 112 da comunidade autónoma nun comunicado.

O suceso tivo lugar sobre as 20:30 horas do domingo no quilómetro 34 da P-405, no termo municipal de Astudillo (Palencia).

Ao lugar do accidente acudiron unidades da Garda Civil de Tráfico, Bombeiros da Deputación de Palencia e Emerxencias Sanitarias-Sacyl, que enviou dúas ambulancias de soporte vital básico, dúas UVI móbiles e o equipo médico do centro de saúde de Frómista.

Informacións da prensa local apuntan que as vítimas pertencen á mesma familia. Morreron a nai e dous dos seus fillos e quedaron feridos o pai e outro dos fillos, de 13 anos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade