Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un condutor esnáfrase contra uns contedores en Betanzos tras sufrir un mareo

Un condutor esnáfrase contra uns contedores en Betanzos tras sufrir un mareo

Aínda que tivo que ser rescatado polos bombeiros, as feridas que sufriu foron leves

G24.gal 28/03/2025 14:15

Eran as cinco menos vinte da tarde cando os veciños escoitaron un forte golpe. "Foi como un trono. Eu vin o contedor no escaparate e xa vin o coche e un home atrapado".

Quen así relata o suceso foi unha das persoas que alertou o 112. "Aos dez minutos xa chegaron os bombeiros, a ambulancia, a Policía". 

"Cando chegamos ao lugar xa vimos que o coche estaba encaixado entre os contedores e o bar. Procedemos á colocación dun colariño da persoa que estaba no interior para poder extraela con seguridade pola parte de atrás", explica José Manuel Pérez, sarxento dos bombeiros de Betanzos.

Unha vez liberado, o condutor explicou que previamente sufrira un mareo. "Tardaron un pouco en levalo, pero ía consciente". 

Malia a aparatosidade do sinistro, na zona, os danos foron só materiais. "Puido pasar unha desgraza, porque por aquí camiña xente", din as testemuñas. Por sorte todo quedou nun susto.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade