Un condutor ebrio leva por diante cinco vehículos estacionados en Muros
Saíu da vía por causas que se descoñecen e provocou un choque en cadea, sen danos persoais que lamentar
O condutor deu unha taxa de 0,96 mg por litro de aire na proba de alcolemia
Case cuadriplicaba a taxa de alcoholemia o condutor que provocou un sinistro múltiple en Muros. Foi de madrugada, arredor das cinco da mañá, e deixou seis vehículos danados na avenida da Porteliña, sen danos persoais que lamentar.
O condutor saía de Muros pola AC-550, dirección Noia, e foise da vía por razóns que aínda se descoñecen. Chocou primeiro nun coche estacionado á dereita, que quedou desfeito. Despois cruzou a estrada, e freou contra unha furgoneta que, de rebote, chocou en cadea outros catro vehículos.
Aínda están á espera de valorar os danos materiais que provocou o sinistro. Atendeuno a Garda Civil de Tráfico de Corcubión. O condutor que o causou está investigado por un delito contra a seguridade viaria.