Organizan unha sesión de baile para pacientes oncolóxicos
A iniciativa está promovida pola bailarina lucense Sandra Fernández, fundadora do proxecto Corpo en Acción, que xa ten impartido clases semellantes dirixidas a mozos e rapaces hospitalizados
A actividade física é a desculpa. Nesta clase trabállase o corpo tanto exterior coma interior. É o que manifesta a promotora da iniciativa, Sandra Fernández que mantén que "o exercicio físico fai que nos encontremos mellor e iso vai facer que tamén melloremos a nivel emocional".
A responsable da área de Humanización do Hospital Lucus Augusti, Gloria Enríquez, explica que están demostradas as bondades do exercicio físico e que "a danza axuda a centrarse e conectar o corpo e a mente".
A música é o fío condutor e activa os asistentes, que confían en que lles beneficie tanto a nivel emocional coma físico. Unha satisfacción que neste caso vén polo baile.