Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Xunta notifica ao Goberno central que xa atende 273 menores migrantes en centros de acollida

A Xunta notifica ao Goberno central que xa atende 273 menores migrantes en centros de acollida

Este luns é a data límite para que os gobernos autonómicos comuniquen este dato, clave para coñecer a cantidade de nenos e adolescentes que se distribuirán ás comunidades autónomas, froito do acordo entre Junts e Goberno

Chegada cun barco con inmgirantes ás Canarias (Antonio Sempere-Europa Press) Chegada cun barco con inmgirantes ás Canarias (Antonio Sempere-Europa Press)
G24.gal 31/03/2025 09:15

A Xunta comunicou ao Goberno central que Galicia atende un total de 273 menores migrantes non acompañados en prazas residenciais, unha cifra que sitúa a ocupación dos centros nun 108 %.

Así o avanzaron fontes da Consellería de Política Social e Igualdade a Europa Press tras comunicarllo, na tarde deste domingo, ao Goberno central, que estableceu o luns como último día para achegar a cifra que solicitou ás autonomías o Ministerio de Mocidade e Infancia.

Este dato será clave para coñecer a cantidade de nenos e adolescentes que se distribuirán ás comunidades autónomas, froito do acordo entre Junts e Goberno para reformar o artigo 35 da Lei de Estranxeiría.

A Consellería puntualizou que nese cómputo non están contabilizados todos os menores con medida de protección adoptada pola Xunta, que están en acollemento familiar.

Por iso, a Xunta detallou que, cumprindo co establecido na lexislación estatal e atendendo ás recomendacións do propio Ministerio de Mocidade e Infancia, está a apostar polo acollemento familiar como medida prioritaria de protección.

Nese sentido, Galicia é a segunda comunidade autónoma con mellor cociente de acollemento familiar de toda España.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade