Para entrar no Reino Unido é obrigado pagar 12 euros por unha autorización electrónica
Hai que solicitala a través da web ou app do Goberno británico
A partir do 9 de abril custará 16 libras, uns 19 euros
A autorización é para viaxes de ata seis meses e ten unha validez de dous anos ou ata que caduque o pasaporte
Dende este mércores, para entrar no Reino Unido será obrigatorio levar unha autorización electrónica que vai vencellada ao pasaporte. Permite estadías de ata seis meses e ten unha validez de dous anos.
Para voar ao Reino Unido, ademais do pasaporte, hai que levar a ETA, que son as siglas da nova autorización electrónica de viaxe.
O permiso de entrada obrigatorio para non residentes no Reino Unido hai que sacalo por Internet, na web ou na App do Goberno británico.
Custa dez libras, uns doce euros, agora, a partir do nove de abril, sobe a dezaseis libras, uns dezanove euros.
Falamos con Cristina, que naceu no Reino Unido, vive na Coruña, ten unha academia de inglés e viaxa con frecuencia a Londres. Ten a dobre nacionalidade, pero cóntanos que ten o pasaporte británico caducado, e por iso tivo que solicitar a autorización de entrada, que é similar á que piden para entrar tamén nos Estados Unidos, O Canadá ou Australia.
A nova autorización electrónica permite estadías de ata seis meses no Reino Unido e é válida por dous anos ou ata que o pasaporte caduque.