Comerciantes locais xúntanse en Lugo para ofrecer descontos por cambio de temporada
Quince establecementos participan nun mercado organizado pola Asociación Lugo Monumental que estará durante dous días nas Galerías Villamor para dar saída aos artigos de outono
O prezo é só un dos alicientes para pasar por este mercado que durante dous días ocupa o corredor principal dunha das galerías máis significativas do centro de Lugo.
Ademais das rebaixas, o presidente da Asociación Lugo Monumental, Luis Latorre, que organiza a xornada, fai fincapé na atención personalizada que brindan os comerciantes locais.
Que as pezas non sexan en serie tamén é moi valorado, tal como din dúas clientas mentras revisaban nos postos. A iniciativa promovida por Lugo Monumental é unha forma de apostar polo pequeno comercio.
Beneficio tamén para os comerciantes, que ofrecen pezas da temporada recentemente terminada a prezos rebaixados.
Segundo indican algúns dos comerciantes, hai roupa a vinte euros e a redución no prezo pode chegar ao setenta por cento. Unha oportunidade de coñecer negocios locais a través das súas ofertas.