Grande éxito da feira vintage Jaleo Village en Vigo
Pezas deportivas de marca por dez euros
Rotundo éxito en Vigo do mercado de roupa de segunda man vintage Jaleo Village que vai continuar ata o domingo. As pezas, case todas de marca, pódense adquirir por dez euros. O público que se amorea na rúa ten media hora rolda os vinte anos e buscan sobre todo pezas dos anos 90.
Buscan en Jaleo Village o que non atopan nas tendas ou nos armarios das súas casas. Roupa sobre todo deportiva e de marcas caras con cortes que xa non se fan, pero están volvendo.
Algunhas pezas que saen de aquí poden ter ata terceiras e cuartas veces, porque algún xa nos dixo que o que non lle compraza vaino vender en Vinted ou algún portal semellante.
Cada media hora a tenda se renova de xente. Así é a economía circular e a reciclaxe de roupa.