Publicador de contidos

Publicador de contidos

A conserveira Atunlo entrará en liquidación ao non chegar a un acordo cos acredores

A conserveira Atunlo entrará en liquidación ao non chegar a un acordo cos acredores

A maior comercializadora de túnidos de España non conseguiu o acordo cos acredores para que aceptasen o seu plan de viabilidade e a quitación que alcanzaba arredor do 70% da débeda acumulada

 

 

Persoal nas instalacións de Atunlo / Atunlo Persoal nas instalacións de Atunlo / Atunlo
G24.gal 27/03/2025 19:34

A conserveira galega Atunlo, con sede en Vigo e fábricas en Cambados e O Grove, entrará en liquidación ao non chegar a un acordo con acredores para que aceptasen o seu plan de viabilidade e unha quitación do 70% da débeda.

A pesar de que ambas as partes tiñan de marxe ata a medianoite deste xoves, na reunión a compañía non alcanzou o apoio do 65% dos acredores, quedando a tan só un 5%.

Atunlo entrará en liquidación tras meses "ao límite" á espera de que máis bancos aceptasen o seu plan de viabilidade. Todo iso despois de que o Xulgado do Mercantil número 3 de Pontevedra, con sede en Vigo, declarase en concurso voluntario de acredores á pesqueira en maio do ano pasado para buscar unha solución á difícil situación financeira que atravesaba a firma.

A partir de aí, a compañía tratou de chegar a un acordo cos seus acredores para tratar de que aceptasen o seu plan de viabilidade, sen éxito.

Preocupación na planta de Cambados 

Pola súa banda, fontes sindicais apuntaron que na actualidade os seus esforzos radican en manter as unidades produtivas, que dan traballo a case 200 persoas en Cambados e O Grove.

A pesar de recoñecer que este xoves era un "día clave", xa que acaba o prazo de negociación, desde Comisións Obreiras aseguran que esperaban que se lograse unha solución.

 

"Tristemente estase cumprindo o que desde o principio avanzamos cando vimos o peche en Santoña (Cantabria) e os despedimentos do Grove", indicou Mar Vila, da Central Intersindical Galega.

Miguel María Mochales (CCOO) indicou que é "supertriste" que caia unha empresa do calibre de Atunlo "por non conseguir nun mes e pico que un 5% máis dos acredores aceptasen o plan".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade