Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un mozo foi detido por conducir drogado e levar estupefacientes e viagra no coche en Vigo

Un mozo foi detido por conducir drogado e levar estupefacientes e viagra no coche en Vigo

Ao realizarlle a proba, deu positivo en anfetaminas, metanfetaminas e cocaína

No interior do automóbil había case 300 euros en efectivo

Condución temeraria tamén na Coruña 

Detido en Vigo un mozo que circulaba tras consumir drogas e levaba haxix, anfetaminas e viagra no coche - POLICÍA LOCAL- Detido en Vigo un mozo que circulaba tras consumir drogas e levaba haxix, anfetaminas e viagra no coche - POLICÍA LOCAL-
G24.gal 26/03/2025 11:42 Última actualización 26/03/2025 12:37

Un mozo, A. R. A., de Vigo e 33 anos de idade, foi detido na mañá do pasado luns tras ser interceptado mentres circulaba drogado e con varios estupefacientes en distintas cantidades, viagra e diñeiro en efectivo no seu coche.

Tal como informa a Policía Local, os feitos ocorreron na rúa Emilio Martínez Garrido, cando os axentes observaron que un condutor non sinalizaba co intermitente un cambio de dirección. Procederon a darlle o alto, comprobando que presentaba claros síntomas de atoparse baixo os efectos do consumo de substancias. Ao realizarlle a proba, deu positivo en anfetaminas, metanfetaminas e cocaína.

Tamén, realizouse unha inspección do interior do vehículo, atopando máis de 15 gramos de haxix, 3,4 gramos de anfetaminas, cantidades menores a un gramo de speed e de MDMA, así como dous porros e dúas pastillas de viagra.

Ademais, no interior do automóbil había case 300 euros en efectivo fraccionados en billetes de 100, 50, 20, 5 e moedas dun euro.  Finalmente, o home foi detido como presunto autor dun delito contra a saúde pública.

Condución temeraria na Coruña 

Tamén o pasado luns a Garda Civil detectou un vehículo por un control de velocidade cando ía a 142 km/h nunha zona limitada a 50, concretamente na estrada DP-1914, no quilómetro 5,800, unha zona coñecida como a recta de Rus, na localidade de Carballo, na Coruña. 

Trátase dun tramo de "alto perigo debido á súa historia de sinistros viarios" e cunha "alta densidade de poboación, con vivendas anexas, pasos de peóns e un centro escolar" segundo informa a Garda Civil.

O mozo, de 23 anos, enfróntase a un suposto delito contra a seguridade viaria, que pode implicar penas de prisión de tres a seis meses, multa de 12 a 24 meses e traballos en beneficio da comunidade de 31 a 90 días, así como a privación do permiso de conducir por un período dun a catro anos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade