Publicador de contidos

Publicador de contidos

Denuncian un punto de venda de droga na parroquia santiaguesa de Laraño

Denuncian un punto de venda de droga na parroquia santiaguesa de Laraño

Din que un veciño a vende na marquesiña do bus e na súa vivenda de Pardiñas 

Agardan que a Policía actúe para devolver a tranquilidade á zona

G24.gal 28/03/2025 14:22

Molestos, inseguros e preocupados. Así se senten os veciños de Pardiñas, en Laraño, desde que o tráfico de droga acabou coa tranquilidade na zona. Segundo denunciaron ante a Policía Nacional, esta marquesiña converteuse nos últimos tempos nun supermercado de estupefacientes ao que non paran de chegar clientes.

"Na contorna da marquesina non paran de chegar coches, motos, bicis que veñen coller a droga pola mañá, ao mediodía e pola tarde", explica Julio Fernández, presidente da Asociación de Veciños da Xunlla de Laraño.

Quen a vende, din, é un veciño que polo día se achega á marquesiña, pero pola noite vende na súa casa, no interior do núcleo. Aseguran que problema vén de vello, pero se reactivou a raíz da presión noutros puntos de venda da cidade. 

"A presión sobre a zona de Santa Marta e o Banco do Pobre parece que funciona, pero está a reactivar a venda de droga en Laraño", comenta Julio Fernández.

Din que o movemento de vehículos é constante e o seu maior temor é que os toxicómanos comecen a consumir preto das casas.

"Temos medo de que empecen a aparecer xiringas ou asuntos perigosos para os veciños de aquí", engade o presidente da asociación.

Agardan que a Policía actúe canto antes porque a problemática está xerando moito malestar na parroquia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade