Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os veciños de tres lugares de Foz están fartos de vivir incomunicados

Os veciños de tres lugares de Foz están fartos de vivir incomunicados

Os lugares de Teixeira, Trasmonte e Fontao, en Foz, carecen de cobertura de móbil e o fixo apenas lles funciona dende que cambiaron a liña polo satélite

G24.gal 30/03/2025 20:50

Hai tres lugares no concello lugués de Foz nos que é practicamente imposible comunicarse, xa que non teñen cobertura de móbil e os satélites que puxeron para os teléfonos fixos tampouco van ben, segundo nos contaron. Isto impídelles estar tranquilos, xa que, por exemplo, non poden recibir chamadas dos médicos, de familiares ou dos traballos.

Temen, ademais, ter unha urxencia e non poder pedir axuda, xa que hai varios veciños maiores e outros que viven sós.

Quéixanse, ademais, de que non poden ver a televisión axeitadamente sen un aparello.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade