Contido con Temática .
Ciencia E Tecnoloxía

17/04/2025 13:31
Trátase dun estudo de expertos da Universidade de Cambridge, que avaliaron a información obtida polo Telescopio Espacial James Webb, que observa o exoplaneta K2-18b, situado a 124 anos luz da Terra, unha distancia que necesitaría 187.000 anos para chegar ata alí nunha nave espacial

12/04/2025 14:47
Hai case dez anos dous garda civís viron a necesidade de cambiar o xeito de sinalizar as emerxencias nas estradas porque a cifra duns douscentos condutores ou acompañantes falecidos ao ano cando colocaban os triángulos avalaban esta nova necesidade.
A V-16, o nome técnico da baliza, só estará homologada se ten conectividade, un dato que segundo un estudo encargado por Netun Solutions só coñece o 12% da poboación.

11/04/2025 09:50
O conselleiro de Educación, Ciencia e Universidades, Román Rodríguez, di que Galicia apostará pola I+D+i "para non perder o tren do futuro"
Destaca o "esforzo loxístico" das oposicións en Educación, que permtirán unha renovación moi positiva dentro da estabilidade para o sistema educativo galego
Rodríguez cre que o novo sistema de acceso á universidade, a PAU, debe ser "máis xusto e realista, evitando desigualdades" entre as comunidades

As app para consultar a radiación ultravioleta están de moda, sobre todo entre a mocidade
08/04/2025 15:58
SunSmart Gloval UV, UVLens, UVIMate e UV-INDEKS son algunhas das máis consultadas, ademais das webs de meteoroloxía

A nave tripulada rusa Soyuz axústase con éxito á Estación Espacial Internacional
08/04/2025 11:48
A Soyuz chegou á EEI 3 horas e 11 minutos despois de ser lanzada desde Kazakistán e está previsto que regrese o 9 de decembro
A manobra de enganche foi presenciada por 2.500 persoas e transmitida en directo por televisión

07/04/2025 15:01
Os viandantes que camiñan mirando o móbil teñen maior risco de atropelos
Algunhas cidades toman medidas advertindo dos cruces con luces no chan

ChatGPT colapsa coas súas fotos animadas
04/04/2025 14:51
As redes sociais están ateigadas de fotos ao estilo do estudio de animación xaponés Ghibli
Open IA, a creadora do ChatGPT anuncia rextriccións no uso da ferramenta na súa versión de balde

A Xunta lanza a marca I+G+I para visibilizar a ciencia feita en Galicia
02/04/2025 14:41
Alfonso Rueda anuncia tres novas convocatorias de 10 millóns para proxectos tecnolóxicos

O novo DNI dixital para levar no móbil, dispoñible a partir deste mércores
01/04/2025 10:52
O novo documento servirá para identificarse en todo o territorio español e facer todo tipo de trámites presenciais, incluída a sinatura de documentos ante notario ou acudir votar
Polo momento non será válido para viaxar nin para facer trámites de tipo telemático, pero o Executivo agarda que en 2026 teña total operatividade como sinatura electrónica ou autenticación en liña

Os veciños de tres lugares de Foz están fartos de vivir incomunicados
30/03/2025 20:50
Os lugares de Teixeira, Trasmonte e Fontao, en Foz, carecen de cobertura de móbil e o fixo apenas lles funciona dende que cambiaron a liña polo satélite

O hidróxeno verde integrarase na formación profesional en Galicia
29/03/2025 14:42
Será previsiblemente no curso vindeiro da FP
Hai uns días a Xunta e a Asociación Galega do Hidróxeno asinaban un convenio para deseñar formación especializada que dea resposta ás necesidades das empresas neste ámbito
Este acordo terá catro anos de duración e tamén contempla a formación específica para o profesorado

As innovacións da FP, ata o venres na Cidade da Cultura
26/03/2025 14:39
Dez mil alumnos da toda Galicia pasarán polo Congreso FP Innova, que reúne traballos de I+D de todas as molidades de FP

Unha empresa compostelá probará en humanos unha terapia para previr a gripe
22/03/2025 21:19
A empresa Smart Vitamins leva estudando a mesma terapia en roedores cunha eficacia dun 100 % nos ensaios
O estudo en humanos, cun spray nasal, realizarase no Reino Unido e comezará a finais deste ano ou a inicios de 2026
Contan cun investimento privado de algo máis de 2 millóns de euros

Amaran en Florida os astronautas que quedaron atrapados no espazo durante nove meses
18/03/2025 23:03
A aterraxe da cápsula Dragon, de SpaceX, en augas de Florida produciuse ás 22:57 horas, como estaba previsto
Xunto a Sunita Williams e Butch Wilmore, que pasaron nove meses na ISS polos problemas técnicos da súa nave, viaxan tamén Nick Hague e o ruso Aleksandr Gorbunov

Operan con cirurxía robótica un bebé de 10 meses, o máis pequeno de España ata o de agora
18/03/2025 09:32
O uso desta técnica na Sección de Uroloxía Infantil do Servizo de Cirurxía Pediátrica logrou corrixir esta malformación de maneira definitiva, reducir en gran medida o risco de dano renal, diminuír as infeccións urinarias de repetición e mellorar a calidade de vida do paciente

A sonda Dragon, que rescatará os dous astronautas varados, axústase á EEI
16/03/2025 08:15
Os dous cosmonautas foran por unha semana e levan na estación internacional máis de nove meses
Está previsto que regrese á Terra nunha amaraxe fronte á costa estadounidense, non antes do vindeiro mércores

Uns investigadores da UVigo desenvolven un sensor para eliminar antibióticos do mar
15/03/2025 16:35
A resistencia aos antibióticos é unha das dez ameazas principais da humanidade, segundo a Organización Mundial da Saúde
O proxecto do Centro de Investigación en Nanotecnoloxía permitirá eliminar a presenza destes fármacos da auga mariña

15/03/2025 14:20
Cinco rapaces dos Escolapios de Monforte quedan primeiros nunha liga da Garda Civil

Adictos ás notificacións do móbil
14/03/2025 15:18
Consultámolas unhas 58 veces cada hora antes de deitarnos, e isto afecta á calidade do sono

A Xunta incoporará os datos dos vehículos conectados á estratexia de dixitalización da rede viaria
14/03/2025 15:05
A práctica totalidade da rede viaria galega xa ten o que se denomina un xemelgo dixital que inclúe toda a información xurídica das nosas estradas
Con este proceso de dixitalización perséguese a mellora na planificación e danse pasos cara ao vehículo autónomo.

Carmeliña, Maruxiña e Carapucho para facer un aceite 100 % galego
14/03/2025 14:24
As tres variedades de oliveira autóctona recuperadas polo CSIC xa se poden vender e plantar
Os investigadores están a multiplicalas para que cheguen aos viveiros a finais deste ano
.png)
Unha lúa de sangue tingue por instantes de cor cobreada o ceo
14/03/2025 08:14
En Galicia puideron presenciarse as primeiras fases da eclipse lunar total, un fenómeno no que a Terra se interpón entre o Sol e a Lúa chea e bloquea a luz solar directa
O ano que vén, en 2026, espérase que haxa outra eclipse total, pero neste caso será solar e poderase contemplar mellor desde Europa

Fernando Calvet, científico galego do ano
13/03/2025 15:00
A Real Academia Galega das Ciencias destaca o seu perfil modernizador na universidade e o impulso innovador que lle deu desde Zeltia á industria química galega

Un videoxogo creado en Galicia permite detectar unha posible deterioración cognitiva
12/03/2025 20:15
Os investigadores da Universidade de Vigo recibiron o apoio de Samsung para desenvolver unha aplicación gratuíta
Está deseñado para persoas maiores de 55 anos e pode descargarse de xeito gratuíto en calquera tableta Android
.png)
Varias parroquias de Cervantes carecen de cobertura móbil
09/03/2025 14:48
Máis de corenta veciños da montaña están incomunicados telefonicamente
.jpg)
Athena chegou á lúa, pero Intuitive Machines descoñece se aterrou verticalmente
07/03/2025 09:06
A chegada da nave robótica á superficie lunar ocorreu cara ás 12:30 EST (17:30 GMT), como estaba previsto, e a compañía cre que aterrou nas proximidades do sitio escollido, Monte Mouton, unha meseta a 160 quilómetros do Polo Sur lunar
A chamada misión IM-2 ten como obxectivo buscar reservas de auga na rexión de Monte Mouton, crucial para futuras misións tripuladas e a posible colonización lunar

O Starship estoupa e obriga ao peche de aeroportos de Florida por entullos
07/03/2025 08:30
A primeira etapa do foguete, o propulsor Super Heavy, logrou regresar á Starbase e ser atrapada polas pinzas, pero a etapa superior perdeu contacto e estoupou deixando restos nunha ampla zona do sur de Florida e as Bahamas
O errado Starship debía voar nunha traxectoria suborbital durante aproximadamente unha hora, ao cabo da cal tiña previsto amarar no Océano Índico

Un coche autónomo deseñado en Galicia competirá no circuíto de Silverstone
06/03/2025 13:56
A asociación estudantil do Campus de Ourense Auria Technologies participará co seu proxecto no Formula Student en xullo no Reino Unido

Descobren as primeiras ferramentas de óso que fabricou o home hai 1,5 millóns de anos
05/03/2025 17:25
O investigador do CSIC Ignacio de la Torre confirmou en declaracións aos medios de comunicación que se trataría dos primeiros coitelos da humanidade

Neurocientíficos do IDIS desenvolven unha nova terapia para tratar o ictus isquémico
05/03/2025 14:26
Indagaron na causa de que os fumadores tivesen mellor recuperación e lograron un tratamento inocuo que, en fase preclínica, demostra eficacia para reverter as secuelas dos infartos cerebrais

SETGA, os iluminadores de Europa
04/03/2025 14:55
A empresa galega prové centos de concellos de Países Baixos e Francia

O presidente de Telefónica pide que a UE facilite a fusión das 'telecos' europeas
03/03/2025 14:34
Marc Murtra estreouse no Mobile World Congress de Barcelona demandando o fortalecemento sector tecnolóxico europeo fronte aos xigantes chineses e estadounidenses

O Mobile World Congress pon o foco na intelixencia artificial e nas grandes tecnolóxicas
02/03/2025 21:13
Filipe VI presidiu a cea inagural do congreso en Barcelona e pediulle á industria un desenvolvemento seguro e responsable da IA
O congreso, un referente mundial, conta con 2.700 expositores e agarda máis de 100.000 visitantes

Investigadores galegos desenvolven baterías para coches eléctricos que cargan en dez minutos
01/03/2025 21:29
No Laboratorio de Investigación de Sistemas para a Transición Enerxética avanzan nas probas para optimizar os dispositivos con grafito
O novo produto podería estar no mercado en dous anos
"A transición enerxética vaise producir si ou si e Galicia ten unha oportunidade única de situarse á cabeza", din os promotores

A Xunta anuncia un novo programa de retorno de científicos galegos no exterior
28/02/2025 17:10
A Fundación Galtia aspira a captar 30 investigadores de máximo prestixio mundial
Dende a rede de asociacións de investigadores e científicos españois no exterior calculan que estamos a perder uns 9.000 talentos

Así é o Shuttle: un vehículo autónomo para 12 pasaxeiros fabricado en Galicia
27/02/2025 17:07
Trátase dunha lanzadeira eléctrica capaz de circular sen condutor, desenvolvida polo Centro Tecnolóxico de Automoción de Galicia
O CTAG espera empezar a comercializala este mesmo ano

A Xunta creará un programa de retorno de investigadores galegos no exterior
25/02/2025 17:15
Román Rodríguez anunciou aumentos nas axudas en investigación e a creación de plans locais de I+D+I
A oposición critica os proxectos por ser só extensións de programas xa existentes e demanda un "gran pacto pola ciencia"

25/02/2025 15:17
Tratarase dunha formación gratuíta e de curta duración para capacitar aos participantes, que obterán un certificado ao terminar, para poder traballar con ferramentas de intelixencia artificial

Os expertos descartan "case por completo" que o asteroide impacte coa Terra en 2032
25/02/2025 11:04
A probabilidade de colisión é actualmente do 0,001 %, segundo o Centro de Coordinación de Obxectos Próximos á Terra da Axencia Espacial Europea (ESA)