Publicador de contidos

Publicador de contidos

As innovacións da FP, ata o venres na Cidade da Cultura

As innovacións da FP, ata o venres na Cidade da Cultura

Dez mil alumnos da toda Galicia pasarán polo Congreso FP Innova, que reúne traballos de I+D de todas as molidades de FP

G24.gal 26/03/2025 14:39

A pregunta non é que se pode ver no congreso FP Innova. A pregunta sería que non se pode ver. Hai desde coches que funcionan con dous tarros de auga da billa, ata hortas autónomas que nos deixen ir de vacacións: poden regarse a si mesmas cando falte auga, e ata controlar o estado sanitario das plantas, grazas á monitorización por imaxe. 

Hai proxectos de colaboración entre FP de madeira e de electrónica, ou entre os de automoción e os de electricidade. Toda a oferta de imaxe e son. E vimos tamén novidades en aeronaútica, en enerxía eólica.

A FP pasou 30.000 a 70.000 alumnos en 15 anos, grazas ao incremento da oferta formativa. Unha oferta que 10.000 alumnos de 218 centros de toda Galicia poderán coñecer ata o venres na Cidade da Cultura.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade