Nesta última fin de semana de marzo cambiamos a horario de verán
Na madrugada do sábado os reloxos adiantaranse das dúas as tres
A proposta da UE de acabar co cambio estacional de hora segue aprazada polo menos ata 2026
Levamos desde comenzos dos anos 70 cumprindo dúas veces ao ano co ritual d cambio de hora, pero aínda non sempre temos de todo claro cando toca adiantar ou atrasar o reloxo. Na última fin de semana de marzo o que toca pasar das dúas ás tres para entrar no horario de verán. Máis aló da hora perdida, hai quen considera que este cambio non é saudable.
A preferencia por deixar fixo o horario de verán foi maioritaria na enquisa realizada en 2018 a instancias da comunidade europea. Pero polo de agora a decisión segue aprazada, porque os estudos técnicos realizados para xustificar a medida non chegaron a un consendo definitivo nos distintos paises da Unión.
O informe oficial realizado en España naquel momento é favorable a manter os cambios de hora. Un dos seus responsables, o catedrático de Electromagnetismo na Facultade de Física da USC, Jorge Mira, considera que, fronte ao que manteñen os partidarios das teses cronobiolóxicas, o saudable é acompasarse ás horas de sol porque "é unha resposta fisiolóxica que ten que ver coa punto de activación do ser humano no amencer".
"Este cambio de empezarnos a regular co reloxo que non entende de estacións é unha cousa que leva poucas décadas".
De momento, a posibilidade de suprimir os cambios a nivel europeo está oficialmente aprazada en principio ata o ano que vén.