Publicador de contidos
Publicador de contidos

Comeza o horario de inverno: ás tres da mañá serán as dúas

Comeza o horario de inverno: ás tres da mañá serán as dúas

 Este horario no que toca atrasar unha hora os reloxos manterase ata o 31 de marzo de 2025

A maioría dos dispositivos realizan de xeito automático o cambio

G24.gal 26/10/2024 20:40

A madrugada deste domingo volve cambiar a hora e moita xente non está de acordo con esta medida europea, xa que a poboación prefire o horario de verán e consideran que este cambio horario afecta moito.

O argumento principal é que boa parte do día parece noite.

Claro que sempre hai xente de bo conformar.

A única vantaxe que algúns lle ven a este cambio horario é que a noite do sábado temos unha hora máis para durmir.

Toca atrasar os reloxos. Ou non. Porque cada vez facemos menos o cambio manual. A tecnoloxía que nos rodea faino automaticamente por nós, amosando sempre a hora correcta e sen marxe de erro. 

Pero ollo, se o teléfono non está conectado a ningunha rede ou en modo avión, a hora será incorrecta ata que se actualice. Se non é o caso, non hai por que preocuparse, e o mellor será aproveitar a fin de semana para durmir unha hora máis, porque ás 3 da mañá o reloxo retrocederá unha hora e serán as 2.

"Aféctanos menos porque imos durmir unha hora máis e que, en calquera caso son pequenos axustes que imos facer este domingo e no próximo cambio horario de marzo. Cada un saberá o que lle pasa pero os efectos son bastante menores do que se ve por aí nalgúns medios que fan un pouco de sensacionalismo", di o catedrático da Facultade de Física da USC Jorge Mira Pérez.

Tamén di o físico que a razón do cambio de hora non é tanto o tan sinalado aforro enerxético como unha cuestión que ten que ver co noso ciclo natural. Engade que "fai falla cambiar o horario nun sitio que o punto de saída do sol cambia tres horas e media como é o caso de Galicia, polo tanto eu sempre que a razón é de buscar o equilibrio da nosa saúde e aliñarnos co ciclo natural que o reloxo non recoñece".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar