Os efectos do cambio do hora déixanse notar nestes primeiros días
Os expertos recomendan manter unha rutina regular de exercicio e alimentación
Os efectos do cambio de hora poden ser notables nestes primeiros días. "Non me adapto. Custa moito". "Así a noite non chega nunca". "Trastorna á hora de durmir, espertas máis cedo", din varias persoas na rúa.
E todo isto pode afectar o rendemento cognitivo e físico porque o corpo necesita adaptarse á nova rutina.
"Nótase que estes días vén xente con problemas para durmir, alterados, con dor de cabeza. O importante é seguir unha rutina adaptada", explica a farmacéutica, Cristina Moure.
Unha das claves para sincronizar o noso reloxo biolóxico é a luz solar. Os expertos aconsellan saír pasear ao aire libre, especialmente pola mañá.
"Hai xente que non está tan acostumada á claridade, é máis sensible. Así que o fundamental é protexerse ben do sol", manifesta Adriana Rodríguez, traballadora dunha óptica.
Expoñerse á luz solar, pero tamén axustar a hora de durmir e manter unha rutina regular de exercicio e alimentación poden axudar a reducir os efectos do novo horario nestes primeiros días.