Publicador de contidos
Publicador de contidos

O domingo toca atrasar o reloxo, aínda que a maioría de dispositivos xa o fai automaticamente

O domingo toca atrasar o reloxo, aínda que a maioría de dispositivos xa o fai automaticamente

Ás tres da mañá do domingo serán novamente as dúas. Este horario de inverno manterase ata o 31 de marzo de 2025

G24.gal 25/10/2024 14:47

Entramos na última fin de semana de outubro e como sempre por estas datas toca atrasar os reloxos. Ou non. Porque cada vez facemos menos o cambio manual. A tecnoloxía que nos rodea faino automaticamente por nós, amosando sempre a hora correcta e sen marxe de erro. 

Pero ollo, se o teléfono non está conectado a ningunha rede ou en modo avión, a hora será incorrecta ata que se actualice. Se non é o caso, non hai por que preocuparse, e o mellor será aproveitar a fin de semana para durmir unha hora máis, porque ás 3 da madrugada o reloxo retrocederá unha hora e serán as 2.

"Nos afecta menos porque imos durmir unha hora máis e que, en calquera caso son pequeños axustes que imos facer este domingo e no próximo cambio horario de marzo. Cada un saberá o que lle pasa pero os efectos son bastante menores do que se ve por aí nalgúns medios que fan un pouco de sensacionalismo", di o catedrático da Facultade de Física da USC Jorge Mira Pérez.

Tamén di o físico que a razón do cambio de hora non é tanto o tan sinalado aforro enerxético como unha cuestión que ten que ver co noso ciclo natural. Engade que " fai falla cambiar o horario nun sitio que o punto de saída do sol cambia tres horas e media como é o caso de Galicia, polo tanto eu sempre que a razón é de buscar o equilibrio da nosa saúde e alinearnos co ciclo natural que o reloxo non recoñece".

Con todo, hai quen non lle atopa moito sentido a este cambio horario.  Sexa como for, xunto co do fuso horario, o debate está aberto. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos