Publicador de contidos

Publicador de contidos

O paseo marítimo de Beiramar, en Vigo, primeiro de España adaptado ás persoas con TEA

O paseo marítimo de Beiramar, en Vigo, primeiro de España adaptado ás persoas con TEA

O presidente da Xunta apela á colaboración entre administracións para realizar proxectos coma este

G24.gal 01/04/2025 14:51

Vigo está hoxe máis conectada ao mar coa posta en serzivo dos sete quilómetros e medio de paseo que unen O Areal con Bouzas. Porto e estaleiros comparten espazo con peóns e ciclistas, nun paseo con zonas verdes ou aparcadoiros de bicicletas; unha senda sen muros e sen barreiras para as persoas con diversidade funcional.

Na obra investíronse 15 millóns de euros de fondos europeos executados polo Porto de Vigo e a Xunta. Na inauguración do último treito (a curva dos estaleiros), o xefe de Goberno galego, Alfonso Rueda, e o secretario de Estado de Transportes, José Antonio Santano, apelaron á colaboración entre institucións para realizar proxectos que melloren a vida dos cidadáns.

"Tendo a man para facer aquí o que estamos facendo en toda Galicia. Colaborar e non discutir é o camiño e o que a xente quere", defendeu Rueda.

Entre os proxectos da Xunta en Vigo, o presidente destacou a construción de vivenda pública no barrio de San Paio de Navia ou a rehabilitación do Teatro Fraga.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade