Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo promove a igualdade de oportunidades

O Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo promove a igualdade de oportunidades

Segue habendo moitos mitos e desinformación sobre os trastornos do espectro autista

G24.gal 02/04/2024 13:50

Hoxe é o Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo, en que se busca que a sociedade comprenda a realidade das persoas con trastorno do espectro autista e o seu xeito diferente de procesar a información e de relacionarse cos demais.

O descoñecemento sobre este trastorno repercute negativamente na igualdade de oportunidades e na participación activa na sociedade deste colectivo. Esta noitiña moitos edificios iluminaranse de azul con motivo deste día.

A conselleira de Política Social en funcións visitou esta mañá a Fundación Menela, unha das primeiras que xurdiu en Galicia para dar apoio a familias e persoas con TEA. Fabiola García di que hai moitos retos por diante.

"Neste 2024 imos crear novas prazas públicas de atención ás persoas con TEA, que son moi necesarias na nosa comunidade. O noso compromiso como Goberno é darlles sempre o mellor servizo a todas as persoas con trastorno do espectro autista".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar