Publicador de contidos

Publicador de contidos

Galicia será referente na atención a persoas con trastorno do espectro autista cun novo centro integral

Galicia será referente na atención a persoas con trastorno do espectro autista cun novo centro integral

A Xunta destinará catro millóns de euros ao proxecto, que contará con 48 prazas residenciais

G24.gal 07/02/2025 15:09

A conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, participou esta mañá na presentación do que será o futuro centro de atención integral a persoas con autismo en Friol, ao que a Xunta destinará catro millóns de euros e que contará con 48 prazas residenciais

Este recurso pioneiro e de vangarda situará a Galicia como un referente nesta materia e permitirá a creación de novos postos de traballo, favorecendo o asentamento de poboación no rural.

Fabiola García subliñou que este novo recurso “suporá unha revolución e un antes e despois na atención do autismo na nosa comunidade”, ao tempo que se dará resposta a unha demanda histórica das familias. 

De feito, fixo fincapé no compromiso da Xunta para que a nosa comunidade sexa cada día máis aberta, máis plural e inclusiva, poñendo en valor a construción deste centro que supón un novo avance na atención ás persoas con discapacidade. Así, lembrou que o Executivo galego seguirá traballando da man do tecido asociativo para seguir impulsando recursos que melloren a vida das persoas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade