Detido por simular que o drogaron nun club de alterne para roubarlle a tarxeta e quitarlle 1.700 euros
Detido por simular que o drogaron nun club de alterne para roubarlle a tarxeta e quitarlle 1.700 euros
O home, veciño de Santiago, denunciara que cando estaba nun club de alterne do Milladoiro lle botaran algunha substancia nunha bebida para roubarlle a carteira
Na conta cargáronse ata 13 operacións ese día, pero a Garda Civil comprobou que foi el mesmo quen fixo eses gastos
O home está investigado como presunto autor dunha simulación de delito, que pode supoñer entre 6 e 12 meses de multa
![](https://www.g24.gal/prog24/2025/20250207/colSIMULACIONFRAUDEOMILLADOIRO_frame_1729.1738939411.95.png)
Gastou 1.700 euros da súa tarxeta de crédito e resultou ser simulado. Iso pensa a Garda Civil despois de investigar este caso dun veciño de Santiago.
O home presentara unha denuncia en que afirmaba que o drogaran nun club de citas do Milladoiro, no concello de Ames, para despois roubarlle a tarxeta. Afirmaba que terceiras persoas lle botaran algunha substancia nunha bebida que anulou a súa vontade para accederlle á carteira.
Na conta cargáronse ata 13 operacións ese día. Os axentes comprobaron finalmente que os gastos os fixera el voluntariamente e agora está investigado como presunto autor dun delito de simulación de delito que pode supoñer entre 6 e 12 meses de multa.