Publicador de contidos

Publicador de contidos

Detido o principal sospeitoso pola desaparición dunha muller en Santa Olalla, en Huelva

Detido o principal sospeitoso pola desaparición dunha muller en Santa Olalla, en Huelva

A muller leva desaparecida desde o pasado mes de xuño

O dispositivo de procura permanece activo, coa participación das unidades do GREIM, GEAS, USECIC, Unidade Orgánica de Policía Xudicial, Seprona, Equipo Pegaso e Patrullas de Seguridade Cidadá

O municipio de Santa Olalla, en Huelva/EFE O municipio de Santa Olalla, en Huelva/EFE
G24.gal 06/02/2025 20:18

A Garda Civil detivo este xoves o principal sospeitoso da desaparición dunha muller de 48 anos en Santa Olalla (Huelva). A muller leva desaparecida desde o pasado mes de xuño.

Aínda que o principal sospeitoso foi detido na Praza da Porta do Sol en Madrid, tamén foi arrestada unha muller no municipio da desaparición. Xa son catro as persoas arrestadas por estar relacionadas con este caso.

Por outra banda, o mércores activouse un dispositivo de procura que incluíu a realización dunha entrada e rexistro nunha vivenda da localidade onubense. Realizouse unha inspección ocular en busca dalgunha proba que puidese resultar útil para atopar á muller. 

O dispositivo de procura permanece activo, coa participación das unidades do GREIM, GEAS, USECIC, Unidade Orgánica de Policía Xudicial, Seprona, Equipo Pegaso e Patrullas de Seguridade Cidadá, que están a traballar para tentar localizar a esta persoa desaparecida. A denuncia da desaparición da muller foi interposta por un familiar da mesma no mes de xuño despois de non saber nada dela desde había "varios días". 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade