Publicador de contidos

Publicador de contidos

Comeza o Entroido en Laza co primeiro Venres de Folión

Comeza o Entroido en Laza co primeiro Venres de Folión

Preparan os fachóns que iluminarán o percorrido polas rúas

G24.gal 06/02/2025 21:28 Última actualización 06/02/2025 21:33

Atesoura un dos entroidos máis ancestrais de cantos se conserva e este venres comezaran a celebralo. No concello ourensán de Laza xa está todo listo para o primeiro venres de folión.

O programa festivo alongarase ata o 9 de marzo, Domingo de Piñata.

Preparan os fachóns que iluminarán o percorrido polas rúas de Laza no primeiro venres de folión. Xunto aos bombos, soarán os chocos dos peliqueiros, gardiáns da tradición. Zamarra en man, pero sen traxe.

Unha chuvia de cinsa e farelo acompaña o folión pola rúa. Un ritual que se repetirá os vindeiros venres ata os días grandes do Entroido. O máis agardado para os peliqueiros o domingo da estrea, cando visten por primeira vez o traxe.

Unha catarse colectiva na que lataxe a tradición entroideira de todo un pobo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade