Publicador de contidos
Publicador de contidos

Alertan dunha colleita escasa de grelos de cara ao Entroido

Alertan dunha colleita escasa de grelos de cara ao Entroido

As altas temperaturas minguaron a produción do nabo, que pode non cubrir a demanda

Mollos de nabizas en Abadín listos para o seu envío a un restaurante
Félix Aragunde 15/01/2025 19:51 Última actualización 15/01/2025 20:20

Xa na temporada alta do cocido e a piques de comezar a do lacón con grelos, os produtores de nabo advirten de que a colleita está a ser escasa. A calidade das nabizas en xeral é boa, pero cunha produción que temen que non cubra a demanda de cimos.

Marina Cendán, produtora de grelos: "Cantidade, pouca, e calidade, coma todos os anos. Porque choveu moito cando se sementou, e moita calor, que ao nabo non lle fai falta".

Marisol Grandío, produtora de grelos: "Son sempre bos. Os nabos de Lugo son bos todos, sempre".

De cara ao pico da campaña, tanto os produtores coma os comercializadores de todo o país agardan que a produción poida recuperarse. Teñen as esperanzas postas no frío da invernía, por canto purga a bichería do nabo.

Pepe Alvela, comercializador de grelos: "É bo para a planta. Fai que creza lenta, pero en canto a bichos e enfermidades, a planta está sa".

Marisol Grandío, produtora de grelos: "Pode vir a neve aínda, e pode estragar todo. De aquí ao Entroido... aínda falta".

Ademais dos cambios na climatoloxía, a falta dun relevo xeracional tamén fai que se reduza a produción de grelos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade