Publicador de contidos

Publicador de contidos

Polémica en Xinzo de Limia polo décimo da Lotería Nacional que lle chama 'Ginzo'

Polémica en Xinzo de Limia polo décimo da Lotería Nacional que lle chama 'Ginzo'

Hai desconcerto e incluso enfado pola deturpación do nome oficial en galego

Ademais pon 'Orense', que tampouco está ben, segundo o artigo 10 da a Lei 3/1983, de 15 de xuño

Todos os grupos municipais van esixir que se respecte o topónimo oficial ao Ministerio de Facenda e a Loterías e Apostas do Estado, e o BNG vai reclamar nas Cortes o respecto pola lei e os dereitos lingüísticos de Galicia

O décimo da Lotería Nacional para este sábado 12 de abril cos nomes 'Ginzo de Limia' e 'Orense'.
G24.gal 08/04/2025 15:13

Polémica na vila de Xinzo de Limia pola emisión dun décimo da Lotería Nacional para este sábado. Fíxense ben no texto a ver se lles chama a atención. Si, pon 'Ginzo', o que non é correcto. E ademais pon 'Orense', que tampouco está ben. Os veciños din que están contentos con que apareza a imaxe da pantalla do seu Entroido, pero tamén hai certo desconcerto e incluso enfado pola deturpación do nome oficial en galego, Xinzo de Limia.

A Lei de Normalización Lingüística do ano 1983 di que os topónimos, nomes de lugares e rúas teñen como única forma oficial o galego. E ademais na asociación A Pantalla houbo queixas. 

Con todo, o décimo estase vendendo a moi bo ritmo. E tamén hai quen resta importancia ao mal uso da nosa lingua. 

Desde o Concello de Xinzo de Limia, o concelleiro de Cultura asegura que este xoves todos os grupos municipais no pleno lle van esixir a Loterías e Apostas do Estado e ao Ministerio de Facenda que respecten a lei e non deturpen o topónimo oficial. Tamén o deputado do BNG esixirá nas Cortes que o Goberno cumpra coa normativa e os dereitos lingüísticos de Galicia

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade