Publicador de contidos

Publicador de contidos

O segundo premio da Lotería Nacional deixa na Coruña 1,2 millóns de euros

O segundo premio da Lotería Nacional deixa na Coruña 1,2 millóns de euros

A administración El Filón de Oro vendeu integramente o 49.825

A maioría dos afortunados son aboados a ese número

0 seconds of 0 secondsVolume 50%
Press shift question mark to access a list of keyboard shortcuts
Keyboard Shortcuts
Play/PauseSPACE
Increase Volume
Decrease Volume
Seek Forward
Seek Backward
Captions On/Offc
Fullscreen/Exit Fullscreenf
Mute/Unmutem
Seek %0-9
00:00
00:00
00:00
00:00
 
G24.gal 29/03/2025 21:25 Última actualización 29/03/2025 21:42

49.825 é o número gañador co segundo premio da Lotería Nacional deste sábado. Vendeuse integramente na administración número 7 da Coruña. Repartiu, con dez series vendidas, un millón douscentos mil euros. Algúns dos agraciados xa pasaron pola administración.

"Todos son clientes e xente aboada, é un número que xogamos sempre, inclusive no Nadal e no Neno, hai xente que o leva todas as semanas que vén por aquí. O 90 % son aboados, moi repartido. Algún xa apareceu por aquí", di Pablo Seivane, propietario de El Filón de Oro, administración número 7 da Coruña.

A maioría dos afortunados son aboados, tamén unha cafetería que leva varias series para vender aos seus clientes.

"Taboo leva sempre o mesmo número e xogan todas as semanas trinta e pico décimos deste número", engade.

Esta administración fai honor ao seu nome, El filón de Oro, e xa leva repartido importantes premios.

"Demos o segundo premio do Nadal do ano 2023, demos o ano pasado unha bonoloto de 1,2 millóns euros e agora este premio comezando o 2025, non está mal cada ano hai premio", destacou.

Este sábado moitos outros clientes da administración intentaban atraer parte desa sorte e soñaban con ser algún día un dos agraciados.

"Pois que sorte, mira que eu merco sempre aquí, si tocou benvido que sexa na Coruña", "que faría?, pois ter unha xubilación fenomenal, desfrutar del", "quen o puidera pillar, meu neno", din algúns dos clientes de El Filón de Oro.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade