Publicador de contidos

Publicador de contidos

Exemplar remuda na administración de lotería da Fonsagrada

Exemplar remuda na administración de lotería da Fonsagrada

Os anteriores donos apostaron por unha moza da vila de 22 anos

G24.gal 21/02/2025 14:20

Cristina Álvarez, unha moza da Fonsagrada de 22 anos, é a nova propietaria da administración de lotería da localidade. Os anteriores xestores apostaron por ela, aínda que había máis ofertas, por ser da localidade. Estivo varios meses de prácticas antes de facerse cargo da administración.

Esta lotería vende moito porque malia que A Fonsagrada ten pouco máis de 3.000 habitantes conta con moito turismo e son moitos os asturianos que se achegan a vila para adquirir décimos. 

Desde o golpe de sorte de Nadal de 2022 en que repartiron 180 millóns de euros as vendas multiplicáronse. Cristina tamén está moi contenta da acollida e de poder vivir e traballar na vila en que naceu. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade