Publicador de contidos

Publicador de contidos

O premio Euromillón deixa un millón e medio de euros en Lugo

O premio Euromillón deixa un millón e medio de euros en Lugo

O boleto foi selado no Bar Madeira, en Fontiñas, onde o seu dono xa entregou varios premios millonarios nos últimos anos

Este súmase á boa traxectoria de sorte do establecemento, entre eles un Gordo de Nadal

G24.gal 19/02/2025 14:34

O Bar Madeira de Lugo volveu dar sorte, nesta ocasión no sorteo do premio Euromillóns. Un único acertante do sorteo deste martes deixa un millón de euros.

Jose Madeira, dono do Bar Madeira, Fontiñas, Lugo di que "nese momento estabamos compoñendo o bar e cando me chamou a delegada, a verdade, é que xa o corazón me subía de voltas. Dixen: 'Aquí algo pasa, e efectivamente. É o sétimo premio e cada vez que o dás estás tan contento coma os afortunados".

Neste bar poden presumir de ter repartidos varios premios e todos lles fixeron moita ilusión pero o que máis, o Gordo de Nadal. "No ano 2005 vendimos unha Bonoloto de dous millóns de euros. Despois demos 43.000 euros na Bonoloto; e no 2018 vendemos o Gordo de Nadal, que é o que máis nos gustou a todos porque todos xogamos. En novembro do ano pasado vendemos unha Primitiva de cinco máis complementario e agora os Euromillóns. Seguimos de sorte, van sete premios".

"Nos seis premios anteriores, todos pasaron por aquí a saudarme, todos contentos e esperemos que este sexa tamén alguén coñecido, e senón que sexa alguén que o goce e si o necesita, pois mellor aínda. A verdade é que desde que saíu onte nas redes sociais que tocara, o teléfono pitábame seguido. Xa enseguida felicitándome, a xente moi contenta. A clientela dime: Jose, es un talismán. É que, a ver, son sete premios, a verdade. Imos co sétimo, que non é fácil. Sete premios".

Jose é moi afortunado vendendo premios e desexa seguir repartindo sorte e facer felices os seus clientes.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade