Cargando resultados...
Falece un home ao quedar atrapado debaixo do tractor que manexaba en Tui
Os servizos sanitarios atoparon o condutor nunha finca moi preto do balneario de Caldelas

G24.gal
25/04/2025 08:28
Un home faleceu nunha finca ao quedar atrapado debaixo do tractor que manexaba en Tui. O primeiro aviso que se tivo do suceso foi ás 22:30 horas deste xoves. Os servizos sanitarios atoparon o condutor nunha finca moi preto do balneario de Caldelas. Cando chegaron os Bombeiros ao lugar, de difícil acceso, o home xa falecera e procederon a excarceralo.
🔴 #AXEGAInforma dun home que faleceu nunha finca ao quedar atrapado debaixo do tractor que manexaba en Tui.
— 112 Galicia (@112Galicia) April 25, 2025
📍 Os Gaios, Caldelas de Tui.
➡️ Os Bombeiros do Porriño liberaron o corpo do implicado.
🚨 Urxencias Sanitarias de Galicia-061, @guardiacivil, Policía Local e AVPC Tui. pic.twitter.com/hGEyE5OIJJ
Ata o punto acudiron as Urxencias Sanitarias de Galicia, os Bombeiros do Porriño , a Garda Civil, Policía Local e AVPC Tui.