Publicador de contidos

Publicador de contidos

Morre o condutor dun tractor tras caer por un barranco no Rosal

Morre o condutor dun tractor tras caer por un barranco no Rosal

A persoa avanzaba por unha pista asfaltada cun pequeno tractor cando saíu da vía e caeu polo barranco

Os axentes investigan as circunstancias do suceso Os axentes investigan as circunstancias do suceso
G24.gal 26/02/2025 19:38 Última actualización 26/02/2025 23:36

Un home de 66 anos que conducía un pequeno tractor morreu ao caer por un barranco no Rosal (Pontevedra), segundo informa o 112 Galicia.

O corpo do falecido foi localizado cara ás 17:00 horas xunto a unha antiga fábrica de peites en Caselas. Axentes das forzas da orde e as autoridades xudiciais investigan as circunstancias do suceso, xa que a persoa avanzaba por unha pista asfaltada cun pequeno tractor cando saíu da vía e caeu polo barranco.

A vítima conducía o vehículo cargado de material de refugallo e acompañábao un rapaz que puido saltar do vehículo a tempo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade