Máis de trescentos aspirantes participan nunha feira de emprego ante medio cento de recrutadores
Encontros de trinta segundos entre aspirantes e empresas para mostrar o talento laboral
Unha escola de finanzas e negocios de Oleiros organiza unha feira de emprego en que participan máis de trescentos aspirantes
Unha escola de formación en negocios e finanzas de Oleiros organiza unha feira de emprego onde está previsto que máis de trescentos aspirantes teñan contacto directo con recrutadores laborais de medio cento de empresas.
A idea é establecer conexións rápidas e moi directas entre quen busca traballo e quen ofrece unha oportunidade laboral. No evento deste ano participan tamén alumnos e empresarios que fixeron contratos en edicións anteriores.
Buscan iso, conexión laboral, máis de trescentos aspirantes que participan nunha feira de emprego dunha escola de formación e negocios de Oleiros.
Hai medio cento de empresas que buscan talento. Como? Con dinámicas de grupo, contactos directos e fórmulas condensadas e que optimizan.
Formación en idiomas, tecnoloxía, márketing ou administración, entre os perfís máis demandados. Importante, ter flexibilización.